====== AGESTIC apoia o ooxml, nós non ====== Se alguén, coma os nosos colegas de [[http://www.glug.es|glug]] dá unha volta polo apartado de [[http://www.agestic.org/agesticsl.html|software libre de AGESTIC]] ([[http://www.agestic.org|Asociación Gallega de Empresas de Tecnología de la Información y Comunicación]]) poderá ver una noticia chamada '**Apoyo a la aprobación del estándar abierto Ecma Open XML como ISO/IEC Standard, por parte de AGESTIC.**' xunto a cal aparece un pdf onde se explican os **seus** motivos ([[http://www.agestic.org/documentos/Carta_Apoyo_OpenXML__2_.pdf|pdf]]) , estamos a poñernos en contacto con eles xa que **nós non apoiamos a imposición do formato ooxml como estándar** e non queremos que se nos relacione con este tipo de propostas, o noso logo (así coma outros referentes ó software libre) aparecen na mesma páxina (xunto cun convenio que firmamos con eles para **promove-lo software libre** [ [[http://www.agestic.org/documentos/agesticlucuxconvenio.pdf|convenio en .pdf]] ]), **nós non apoiamos un formato privativo de microsoft como estándar, nós apoiamos o odf**, queremos deixar claro que estamos a favor de seguir mantendo o odf como estándar, que non apoiamos un formato privativo que microsoft intenta impoñer a golpe de talonario, os motivos son claros, saíron en moitos medios coma para repeti-los neste, se quedes ver algúns motivos podéde-los ver na páxina de [[http://www.glug.es|glug]] onde eu me enterei do tema: [[http://www.glug.es/node/2381| http://www.glug.es/node/2381]] Esperamos que con esta nota quede aclarado o tema. Sentímo-la tardanza, tivemos problemas na web e moi pouco tempo estos días para subi-la nota.