WIFI = WIreless FIdelity
Pódese ler na Wikipedia a definición de wifi, pero imos deixar claros algúns puntos. Antes de meternos no mundo das redes wireless, convén definir un par de conceptos que todo o mundo confunde. Unha rede wireless NON é Internet gratis dende calquera sitio sen cables. Wireless NON é ilegal. Wireless NON implica internet.
Unha rede wireless non é mais ca unha rede (de árela local, metropolitana, extensa… dependendo da zona de cobertura) pero sen cables. ¿Implica unha rede de área local cableada ter Internet? NON. Unha LAN (Local Access Network) non é mais que un conxunto de ordenadores ou outro tipo de hardware (impresoras, PDAs, PSPs…) conectado por algún medio físico. A finalidade coa que se monta unha rede de ordenadores pode ser moi variada pero, sexa cal sexa a súa filosofía, basease en compartir información.
Nas redes wireless o asunto non é diferente, o único raro é que non existe un cable físico enchufado a un switch ou a un hub; en este caso é unha tarxeta de rede a que se conecta ao AP. En termos xerais, podemos equiparar un punto de acceso a un switch. Obviamente se un dos equipos da rede wireless ten acceso a internet e gusta de compartilo, con as configuracións pertinentes se o resto de equipos da rede (hosts) o poñen de porta de enlace (default gateway), toda a rede podería ter acceso a Internet (exactamente O MESMO pasaría nunha rede cableada.
Principalmente úsanse para compartir datos (a velocidade dunha wifi oscila entre os 5 e os 15Mb/s). A traveso do protocolo TCP/IP e cunha rede wireless montada podemos botar unhas partidas ao Battle of Wesnoth, Netris e ratos de lecer con calquera xogo que admita a rede. Pódese montar un servidor FTP de acceso público, todo o que entre na zona de cobertura poderá acceder ao FTP e baixar o que proceda de un repositorio de Software Libre (non caiamos en ilegalidades). Podemos facer videoconferencia, falar por teléfono de balde a traveso de VoIP (sip, h323…). Servir páxinas web para probar diversos CMSs, compartir fotografías, etc. As posibilidades son infinitas.
Imaxinemos agora por un intre que toda a cidade está dotada de unha conexión inalámbrica. Poder xogar a traveso dunha rede rápida (conexións de entre 10 e 100Mbps, esta última no mellor dos casos con condicións óptimas, contra 2/4Mbps dunha conexión normal a Internet) a calquera xogo con alguén que vive na outra punta da cidade, poder acceder ao ordenador da casa dende calquera punto da rede… Creo que as opcións multiplícanse expoñencialmente, non fan falla mais exemplos.
Necesitas un ordenador ou PDA que teña unha tarxeta wireless, a maioría dos portátiles e PDAs tráena, se non, podes acceder tendo unha tarxeta PCMCIA, un adaptador wireless USB, compact flash, SD… hai todo tipo de accesorios. Tamén compre unha rede a que conectarte ;)
Non, non é necesario nada mais que o mencionado no punto anterior, estamos a falar de unha rede de área local, non de conexión a Internet.
Unha vez temos unha tarxeta wireless necesitamos unha rede a que conectarnos. As redes identifícanse polo seu nome de rede chamado tecnicamente SSID ou ESSID. No cadro de configuración da túa tarxeta (dependendo do sistema operativo) indícaslle o SSID ao que queres conectar e automaticamente trata de asociarse á rede. Obviamente, existen distintos tipos de rede dependendo do sistema de autentificación:
Para saber as redes que tes ao teu alcance (zona de cobertura, ver mais abaixo) hai diversas aplicacións que escanean o entorno en buscade señais wireless. Habitualmente os controladores da tarxeta (en Windows) teñen unha ferramenta propia ou usan a integrada no sistema operativo, sen embargo existe software específico e mellorado para este fin:
Cada tarxeta wireless ten un alcance, é coma unha terminal de telefonía móbil, se estás en zona de cobertura do operador (en este caso da rede wireless) poderás usala, si estás nunha zona de sombra non terás sinal, polo que non hai rede a que asociarse.
Son zonas nas que, normalmente por motivos orográficos ou arquitectónicos, as tarxetas wireless non son capaces de ter cobertura para asociarse ou usar unha rede específica.
Neste caso, as redes wireless son unha variante do modelo cliente/servidor. E digo en este caso porque tamén poden darse nas redes wireless punto a punto (AdHoc). Pero habitualmente e para estruturas medianas ou complexas, existen dous tipos de dispositivos:
Ao conxunto de clientes e servidores dunha rede inlámbrica denomínaselle NODOS (nodos cliente ou nodos mestre). Conclusión: NODOS son todos, pero soamente algúns son AP’s ou puntos de acceso.
AP (Access Point) ou Punto de Acceso son o mesmo. AP a partir de agora. Cada un dos NODOS que exercen de transmisor/servidor de sinal chámanse AP e exercen a función de switch ou hub na rede. Tamén se encargan do enrutado, de forma estática ou dinámica, dos paquetes que pasan por el e intenta unir distintos segmentos de rede. Dependendo do modelo, marca, tarxeta que teñan, antena e varios factores mais, serán capaces de repartir a sinal en maior ou menor extensión de espazo.
O punto de acceso (AP a partir de agora, Access Point en inglés) non deixa de ser un ordenador coa súa arquitectura, as súas tarxetas de rede e o seu sistema operativo. Atendendo a esta estrutura podemos clasificar os APs en dous tipos:
Falando de funcionalidade, diremos que os APs comerciais lévanse a palma porque soen ser de tamaño reducido e baixo consumo eléctrico, o que fai sinxela a súa instalación en practicamente calquera punto da rede onde haxa suminitro eléctrico cerca. O seu sistema operativo ven configurado (firmware) con un sinxelo panel para cambiar as principais características.
Os caseiros soen ser unha CPU ATX (quen non teña solvencia para un barebone ou mini-atx) con un sistema operativo xeralmente linbre (GNU/Linux, BSD) e configuración propia; unha tarxeta wireless en modo mestre e unha antena wireless.
Como xa vimos, os APs encárganse de repartila sinal e crar unha zona de cobertura. En ocasións esta zona de influencia non é suficiente para cubrir as necesidades da rede, co que, dependendo da tarxeta wireless que teña EE AP, poderíamos conectar unha antena que aumentara a zona de cobertura do AP. Atendendo á forma en que reparten ou amplían unha sinal, podemos catalogalas da seguinte maneira:
As antenas wireless serven para calquera tipo de NODO (cliente ou AP). Habitualmente nos APs búscanse antenas omnidireccionais que cubra a maior extensión de espazo posible posto que se trata de captar clientes. Nun NODO cliente a hisotira é distinta, sóense usar antenas direccionais ou bidireccionais para poder chegar á zona de cobertura. Os dispositivos wireless integrados (PCMCIA, PCI, USB, CF, SD…) traen unha tarxeta integrada que soe ser omnidireccional e, en moitos casos, un conector extra para unha antena externa.
Existen tamén antenas caseiras que calquera pode intentar fabricar con un pouco de maña e paciencia (pringles, colador USB, araña USB, lata de aceitunas…). A construción de este tipo de antenas ten que ser milimétrica pois o mais mínimo fallo pode queimar a tarxeta wireless. Por este motivo e experiencias previas, recoméndase usar antenas wireless comparadas e non caseiras para a confección dunha rede inalámbrica cidadá. Aínda que para probas e si non se dispón de moito presuposto, son ideais.
Os termos que se usan frecuentemente no entorno das antenas wireless son os seguintes:
As ondas wireless operan na banda dos 2,4 GHz. Os teléfonos móbiles europeos funcionan nas bandas de 0,9 e 1,8 GHz e os teléfonos inalámbricos operan na banda dos 1,88 a 1,90 HGz, co que non debería haber problemas de interferencias entre estes dispositivos.