I’m on Wildfire Server, baby – O teu propio servidor Jabber

Este manual ensinarache a instalar un servidor Jabber propio, o que nos permitirá ter unha mistura de servidor de MSN Messenger propio con engadidos salpicados do antigo protocolo IRC, ben sexa para crear unha rede privada cos nosos amigos, unha intranet de comunicación cos compañeiros da oficina, un servidor público, ou simplemente por lecer.

O software escollido para esta ocasión será Wildfire Server, de Jive Software, por varios motivos que detallo sen orden nin concerto:

Ademais, o servidor permite a transferencia de ficheiros entre os usuarios, punto a punto, con un deles facendo de proxy, ou a través do propio servidor. Estas 3 posibilidades fan que o envío de ficheiros funcione a traveso de virtualmente calquera tipo de combinación de proxy/firewall/rede corporativa estrita.

Por outra banda, se imos a utilizar o noso servidor con fins comerciais, os rapaces de Jive Software proporciónannos, por poucos cartos, un mais que decente cliente de acceso á nosa rede… coas nosas cores corporativas e o logo da nosa empresa, así como unha ducia mais de características presentes solo na versión comercial (Enterprise)…

A cesta da compra

En primeiro termo debemos saber para qué queremos o noso servidor. Si se trata de un uso experimental, por puro afán de aprender e experimentar un pouco, bástanos coa versión para Windows, coa súa complexa e mística instalación a golpe de “Seguinte-Seguinte-Seguinte-Seguinte” non vou a detallar aquí por encontrarme falto de inspiración… así que pasemos directamente a súa instalación en un entorno de produción Linux, neste exemplo, unha Ubuntu 6.06, tamén coñecida como Dapper Drake aínda que calquera distro sobre a que corra java debería valer. Necesitaremos:

Ponme a tono, nena

O primeiro paso é comprobar que dispoñemos de JRE no noso servidor, para elo imos á consola e tecleamos:

$ java -version

Si o servidor nos devolve algo como

$ java version “x.x.x”

debería ser suficiente, no caso contrario procedemos á instalación do JRE. Unha instalación típica para Ubuntu sería:

$ su
(Introducimos a nosa contrasinal de root)
# mv jre-1_5_0_07-linux-i586.bin /usr/java
# cd /usr/java/
# chmod a+x jre-1_5_0_07-linux-i586.bin
# ./jre-1_5_0-linux-i586.bin
(Aquí mostrase a licenza, saltamos páxinas con Espacio, e logo “yes”)

O arquivo está instalado xa na súa propia carpeta, no meu caso /usr/java/jrel.5.0_07, asi que por limpeza e bon facer borramos o instalador:

# rm jre-1_5_0_07-linux-i586.bin

Si che quedan dúbidas sobre a instalación de JRE, aquí tes mais axuda de referencia

Unha vez seguros de que dispoñemos de JRE, podemos pasar a instalación do servidor Jabber propiamente dito.

Cheos de fariña, coas mans na masa...

En primeiro lugar descomprimimos o arquivo recen descargado coa última versión de Widfire.

# tar -xzvf wildfire_3_0_0_beta.tar.gz

Borramos o ficheiro comprimido e movemos a carpeta xerada ao descomprimir a /opt :

# rm wildfire_3_0_0_beta.tar.gz
mv wildfire /opt

Sinxelo verdade? Para comezar a correr o servidor, movémonos a súa carpeta e executamos o script wildfire incluído en /opt/wildfire/bin.

# cd /opt/wildfire/bin
# ./wildfire

O script responderanos con instrucións sobre o seu uso:

Usage: ./wildfire {start|stop}

Ok, entonces a cousa debe ser…

# ./wildfire start

Eureca! Xa temos o noso servidor correndo na máquina, agora bastará con axustar un par de cousas e poderemos comezar a usalo.

Sombra aquí, sombra alá

Despois de ter o servizo funcionando, o primeiro paso é configurar os datos do noso servidor, tales coma nome, porto, preferencias xerais, etc, etc… para elo dispoñemos de un panel de control para tales efectos, encontrarémolo escoitando como servidor web no porto 9090, así que abrimos unha véntana do noso navegador favorito e escribimos a dirección:

http://127.0.0.1:9090

No meu caso, seleccionei o idioma Español, o dominio miempresa.com, deixei os portos por defecto 9090 para administración e 9091 para administración segura, e marquei Base de datos interna. Aquí compre facer unha pausa… Wildfire permítenos gardar os datos de traballo (contas de usuario, preferencias, logs, etc…) en varios formatos de base de datos:

Ou ben utilizar un formato propio, o indicado como “Base de datos interna”. Por suposto, en entornos de produción sería recomendable utilizar algunha das citadas bases de datos sobre a interna, algo que incluso o propio software recomenda. Sin embargo, como ditas bases de datos dependen moito dos gustos persoais do usuario, e requiren ademais a presenza dos adecuados drivers JDC (estos), non as vou a tocar aquí.

O que desexe utilizar unha base de datos externa, ten información no ficheiro /opt/wildfire/documentation/database.html . O que queira peixes, que molle o pandeiro.

Polo tanto, seleccionamos “Base de datos interna” e continuamos coa xeración da conta de Administrador. Sobra dicir que apuntemos ben os datos que introduzamos nesta sección.

Let's Rock !

Unha vez completados estes pasos, o noso servidor está listo para traballar, basta con acceder de novo a URL anterior http://127.0.0.1:9090 (9090 se non cambiamos o porto, se non, o que corresponda) e comezar a crear usuarios, salas de Chat, etc… que serán perfectamente accesibles dende calquera cliente de Jabber

Se queremos engadir funcionalidades ao noso servidor, os Plugins pódense descargar dende a páxina correspondente de “Jive Software”: aquí

Á hora de instalalos, veremos que veñen empaquetados coma ficherios .jar, basta con movelos á carpeta /plugins dentro de /opt/wildfire , e un monitor automatizado de plugins extraerao no seu directorio correspondente e instalarao por nos. Dende o panel de control web tamén podemos controlar os plugins en todo momento.

Por outra banda, para non ter que iniciar o noso servidor cada vez que reiniciemos, na carpeta /opt/wildfire/bin/extras temos un par de scripts que o instalarán como servizo do sistema. redhat-postinstall.sh para instalacións Red Hat e Fedora, e wildfired, script que debemos editar manualmente no resto de sistemas para fixar o noso servidor como servizo.

Para mais información

Olvídaseme algo? Seguro que si… pero para iso está esta parte do manual. Para mais información:

¡ Bon apetit !