AGESTIC apoia o ooxml, nós non

Se alguén, coma os nosos colegas de glug dá unha volta polo apartado de software libre de AGESTIC (Asociación Gallega de Empresas de Tecnología de la Información y Comunicación) poderá ver una noticia chamada ‘Apoyo a la aprobación del estándar abierto Ecma Open XML como ISO/IEC Standard, por parte de AGESTIC.’ xunto a cal aparece un pdf onde se explican os seus motivos (pdf) , estamos a poñernos en contacto con eles xa que nós non apoiamos a imposición do formato ooxml como estándar e non queremos que se nos relacione con este tipo de propostas, o noso logo (así coma outros referentes ó software libre) aparecen na mesma páxina (xunto cun convenio que firmamos con eles para promove-lo software libre [ convenio en .pdf ]), nós non apoiamos un formato privativo de microsoft como estándar, nós apoiamos o odf, queremos deixar claro que estamos a favor de seguir mantendo o odf como estándar, que non apoiamos un formato privativo que microsoft intenta impoñer a golpe de talonario, os motivos son claros, saíron en moitos medios coma para repeti-los neste, se quedes ver algúns motivos podéde-los ver na páxina de glug onde eu me enterei do tema: http://www.glug.es/node/2381

Esperamos que con esta nota quede aclarado o tema.

Sentímo-la tardanza, tivemos problemas na web e moi pouco tempo estos días para subi-la nota.