Lucux na XGN08

A pesar de que as prazas cada vez duran menos (este ano tan só 28 segundos), Lucux volverá a ter a súa pequena representación nesta edición da XGN, aínda que non coma asociación (non vamos a facer ningunha actividade) sí que asistiremos a título personal Bit, ctRl e mais eu, se algún de vos se quere acercar a facer calquer tipo de consulta, a falar ou simplemente a coñecernos e saúdar estades invitados :) Poderédesnos recoñecer porque andaremos polo recinto con roupa có logo e mailo nome da asociación, tamén cabe lembrar que temos outras canles de comunicación como é a lista de correo e a canle #lucux no servidor de irc freenode, vémonos na XGN08! :D