Proposta de Estatutos Lucux

CAPITULO I. DENOMINACIÓN, DOMICILIO, ÁMBITO, FINS E ACTIVIDADES

Art. 1º Denominación

Constitúese en Lugo unha asociación sen ánimo de lucro que se denominará Asociación de usuarios de software libre de Lugo, Lucux. A asociación rexerase polos presentes estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais legislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Art. 2º Personalidade Xurídica

A Asociación ten personalidade xurídica propia e capacidade plena de obrar para administrar e dispoñer dos seus bens e cumpli-los fins que se propoña.

Art. 3º Domicilio e ámbito de actuación

O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Lugo, rúa XX , núm XX CP XX teléfono XX. Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó organismo encargado do rexistro de asociacións. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferentes as seguintes direccións: Domicilio: Localidade e CP: Teléfono1: Teléfono 2: Fax: Correo electrónico: Apartado Postal: A asociación en funcións dos seus fins e da situación do seu domicilio social, ejercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Art. 4º Fins

Son fins principais da asociación:

  • A difusión e fomento do Software Libre.
  • Ofrecer formación sobre software libre entre a xuventude e interesados.
  • Informar sobre as ventaxas do uso do Software Libre e Internet.
  • Difundir e formar en novas tecnoloxías da información.

Art. 5º Actividades

Para o cumplimiento dos fins enumerados no artigo anterior realizaranse as siguentes actividades:

  • Creación dunha rede wireless de filosofía aberta empregando e promocionando o uso do software libre.
  • Organización de eventos (talleres, xornadas, etc) que apoien dito fomento.
  • Conferencias e cursos de formación.
  • Creación dun sitio web para a asociación.
  • Uso de listas de distribución.
  • Uso de cualquera outro tipo de difusión da información.

CAPITULO II. OS ASOCIADOS

Art. 6º Capacidade

Poderán formar parte da Asociación todas as persoas físicas e xurídicas que, libre e voluntariamente, teñan interese no desenrolo dos fins da asociación con arreglo ós seguintes principios.

  • Persoas físicas con pacadidade de obrar que non estén suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito.
  • Os menores non emancipados de máis de 14 anos de idade deben contar co consentimento documentalmente acreditado das persoas que deban supli-la súa capacidade.
  • Ser residente en territorio nacional.
  • Coincidir coa ideoloxía e os fundamentos do software libre.

Deberán presentar unha solicitude por escrito á xunta directiva, e ésta resolverá na primera reunión que se celebre se o solicitante se axusta ás condicións esixidas nos estatutos.

A condición de asociado é intransmitible.

Art. 7º Dereitos dos Asociados

Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

  • Tomar parte nas asembleas con voz e voto.
  • Poder elixir e ser elexidos para cargos directivos.
  • Tomar parte en cantas actividades organice a asociación en cumprimento dos seus fins.
  • Gozar de tódalas vantaxes e beneficios que a asociación poda obter.
  • Ter copia deste estatutos.
  • Ser informados sobre a composición da xunta directiva.
  • Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.
  • Facer suxestións ós membros da xunta directiva en orde e mellora-lo cumprimento dos fins da asociación.
  • Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

Art. 8º Obrigas dos Asociados

  • Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
  • Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
  • Asistir ás asambleas xerais.
  • Pagar as cuotas, derramas e outras aportacións que, con arreglo ós Estatutos, poidan corresponder a cada socio.
  • Cumpri-los acordos da asemblea xeral e o contido dos estatutos.
  • Observar unha boa conducta individual e cívica.

Art. 9º Causas de baixa

  • Por vontade propia
  • Por falta de pago nas cotas.
  • Por realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da asociación.
  • Por expediente disciplinario.

Art. 10º Réxime sancionador

A separación da Asociación dos asociados por motivo de sanción terá lugar cando cometan actos que os fagan indignos de seguir pertencendo a esta. Presumirase que existe este tipo de actos cando:

  • Deliberadamente o asociado impida ou poña obstáculos ó cumplimento dos fins sociais.
  • Intencionadamente obstaculice de cualquera xeito o funcionamento dos órganos de goberno e representación da Asociación.

A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola xunta directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola asemblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria. Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá o aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes.

Art. 11º Separación voluntaria

A xunta directiva poderá acorda-la separación dun asociado cando se este tramitando un expediente sancionador ou concurran causas xustificados que o aconsellen, tales como o atraso no pago dalgunha cota ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da asociación. O expediente sancionador recollerase no regulamento de réxime interno, pero en todo caso a resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

En calquera caso para acordar a separación por parte da xunta, será necesaria a tramitación dun expediente disciplinario que contemple a audiencia do asociado afectado.

CAPITULO III. O ÓRGANO DE GOBERNO

Art. 12º Asamblea Xeneral

A Asamblea Xeneral é o órgano supremo de goberno da Asocición, integrado polos asociados por dereito propio e en igualdade absoluta, que adopta os acordos polo principio maioritario de democracia interna.

Tódolos membros quedarán suxeitos ós acordos da Asamblea Xeneral, incluso os ausentes, disidentes e os que inda estando presentes se absteñan de votar.

A Asamblea Xeneral reunirase en sesión ordinaria como mínimo unha vez ó ano, en Novembro.

A Asamblea Xeneral reunirase con carácter extraordinario sempre que sexa necesario, a requerimiento dun número de asociados que represente, como mínimo, un dez por cento da totalidade.

Art. 13º Convocatoria das asambleas

As convocatorias das Asambleas Xenerales, tanto ordinarias como extraordinarias, farase por escrito. Os anuncios da convocatoria colocaranse nos lugares de costume con quince días de antelación como mínimo. Sempre que sexa posible convocarase individualmente a todolos membros. A convocatoria expresará o día, hora e lugar da reunión, así como tamén a orden do día.

As reuniones da Asamblea Xeneral serán dirixidas polo Presidente e Secretario.

O Secretario redactará a Acta de cada reunión que reflexará un extracto das deliberacións, o texto dos acordos que se adopten e o resultado numérico das votacións. Ó comenzo de cada reunión da Asamblea Xeneral leerase a Acta da reunión anterior a fin de que se aprobe ou non.

Art. 14º Competencias e validez dos acordos

A Asamblea quedará constituida válidamente en primeira convocatoria coa asistencia dun mínimo dun tercio dos asociados presentes ou representados; e en segunda convocatoria, sea cal sea o número deles, terase que celebrar media hora despois da primeira e no mesmo lugar.

Nas reunións da Asamblea Xeneral, corresponde un voto a cada membro da Asociación.

Son competencia da Asamblea Xeneral:

  • Aprobar, en su caso, a xestión da xunta directiva.
  • Examinar e aprobar ou rexeitar os presupostos anuales de ingresos e gastos, así como a Memoria Anual de actividades.
  • Establecer as líneas xerales de actuación que permitan á Asociación cumplir os seus fins.
  • Dispor de todalas medidas encamiñadas a garantizar o funcionamento democrático da asociación.
  • Fixar as cuotas ordinarias ou extraordinarias.
  • Elexir e destituir ós membros da xunta directiva.
  • Expulsión de socios, a propuesta da xunta directiva.
  • Disolución da Asociación.
  • Modificación dos estatutos.
  • Acordala remuneración dos miembros da xunta directiva, que deberá figurar nas cuentas anuales aprobadas en Asamblea.

Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen os negativos. Non obstante requerirán maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación de Estatutos e remuneración dos membros da xunta directiva, semrpe que se convocara específicamente con tal obxetivo a asamblea correspondente.

CAPITULO IV. ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

Art. 15º Composición do órgano de representación

A dirección e administración da asociación serán ejercidas polo presidente, a xunta directiva e a asemblea xeral.

Art. 16º Duración do mandato do órgano de representación

O presidente da asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola xunta directiva e a asemblea xeral., presidindo as sesións que celebre unha e outra. O presidente será designado pola asemblea xeral entre socios que teñan polo menos 1 a no de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.

Art. 17º Xunta Directiva

A xunta directiva estará formada por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na asociación.

Os cargos que compoñen a xunta directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta. Os cargos elexiranse pola asemblea xeral e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da xunta directiva renovaranse por metade. Na primeira quenda serán renovados o vicepresidente, o tesoureiro e un vocal e no segundo, ó ano seguinte, o presidente , o secretario e os outros dos vocais. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará 1 ano mais. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola xunta directiva, que acordará ademais a súa retribución.

É función da xunta directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da asociación, someter á aprobación da asemblea xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo, procederá a convocar e fixa-la data da asemblea xeral, fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á asemblea xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola asemblea.

Art. 18º O Presidente

O presidente da Asociación tamén será presidente do órgano de representación. Son tareas propias do presidente:

  • As de dirección e representación legal da Asociación, por delegación da Asamblea Xeneral e da xunta directiva.
  • A presidencia e a dirección dos debates da xunta durectiva e de representación.
  • Firmar as convocatorias das reunións da Asamblea Xeneral e da xunta directiva.
  • Visalos actos e certificados confeccionados polo secretario da Asociación.
  • As atribucións restantes propias do cargo e as que lle delegue a Asamblea Xeneral ou a xunta directiva.

Art. 19º O Tesoureiro

O tesoureiro tendrá como función a custodia e o control dos recursos da Asociación, así como a elaboración do presuposto, balance e liquidación de contas a fin de sometelos á xunta directiva conforme se determine nos estatutos. Lebará un Libro de Caixa, firmará os recibos, cuotas e outros documentos de tesorería. Pagará as facturas aprobadas polo órgano de representación, as calesterán que ser visadas previamente polo presidente.

Art. 20º O Secretario

O secretario deberá custodiar a documentación da Asociación, redactar e firmar as actas das reunións da xunta directiva e redactar e autorizar as certificacións que haxa que librar, así como ter actualizada unha relación dos asociados, levando a este efecto o Libro de Rexistro de Asociados.

CAPÍTULO V. O RÉXIME ECONÓMICO

Art. 22º Patrimonio inicial e recursos económicos

A asociación no momento da sua creación non posúe ningun ben nin material nin economico.

Art. 23º Beneficio das actividades

O beneficio tanto économico coma material, será engadido ó patrimonio da asociación.

Art. 24º Cuotas

Art. 25º Disposición de fondos

CAPÍTULO VI. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Art. 26º Causas de Disolución e entrega do remanente

Art. 27º Liquidación

CAPÍTULO VII.- RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

Artículo 28º Resolución de conflictos